Historia

O grupo nace durante o 2004 en Compostela, cun obxectivo claro, facer punk-rock con letras surrealistas mesturadas con moi pouca vergoña sen máis intención que o rock como forma de divertimento propio e alleo.

 A formación inicial foi : Guille (collón esquerdo/baixo), na batería (tronco): Milo, Miki Aceite Johnson (collón dereito / Guitarra Pajillera) e Luko (capullo/ Guitarra e Voz). Nunha noite fría de decembro, por alá do 2004, sería cando os Pito de Pikasso se desvirgarían nos escenarios, sendo A Coruña a cidade afortunada. 

 Seguiron concertos por toda a xeografía galega, durante o 2005 e 2006, pero non sería ata o 2007 cando comezaron con concertos relativamente importantes, compartindo escenario con grupos da talla de: Def Con Dos, Los Suaves ou acadando a final de diversos concursos a nivel galego. Tamén foi o ano no que editan a súa primeira maqueta, chamada “O Sentido está por vir” e que recolle 4 temas que se poden escoitar e descargar no MySpace da banda.

 No 2008 seguen coa boa racha de actuacións, compartindo escenario cos Ruxe-Ruxe, The Homens, Cornelius ou Siniestro Total e tocando en diversos festivais da zona compostelá. No mes de setembro de 2008, entra Schaal, en substitución de Luigi, que entrara coma baixista tamén, no 2008. A formación final queda así: Milo (á batería/tronco):, Miki Spinelli (collón dereito/Guitarra Pajillera), Luko (capullo/ Guitarra e Voz) e Schaal (Collón esquerdo / baixo). 

En 2009 publican o seu primeiro traballo de larga duración  "KRAKSH!¡!"  que segue a liña marcada polas anteriores maquetas “Sigue por el Recto (2006)” e “El sentido esta por venir (2007)”
Gravado por Iago Pico en Pusada Son (Ames) www.pousadason.com
Deseño : ArisnPunk (www.arinspunk.com)


Na primavera de 2011 sae o segundo LP "De Perrecho a Capitan" 12 temas de Pun-ró surrealista.Grabado e misturado por Hevi “ Na de Alfredo” e Masterizado por Dan Millice en Masterdisk (NY, USA),
Deseño : ArisnPunk (www.arinspunk.com)

Despois do veran de 2011 Schall I o Grande, deixa o grupo rumbo a terras aragonesas e entra Carlos a ocuparse das cordas gordas. 

No veran de 2012 entra Kike como guitarra en sustitucion de "Aceite Johnson" Spinelli.