martes, 8 de octubre de 2013

Primeiro mes de Xira Chichara CA-RA-LLU-DO

Xa levamos un mes de xira chichara, e esto e un non parar, en canto teñamos tempo intentaremos resumir o que esta a dar de si, podemos adiantar que estamos comendo MOI ben, petando os locais ali por onde imos tocar, e pasando de ..... nai a cada concerto, asi que se non tedes noticias nosas en varias semans non se preocupar

mirade as datas dos proximos concertos e ide reservando data e se ainda non tedes o novo disco Arrock con Chicharos non deixedes de acudir os concertos e mercar xa a vosa copia porque non prometemos que cheguen a 2014 a este ritmo

de todolos xeitos aqui o tedes pra descargar coma sempre:


Pito de Pikasso - Arrock con Chicharos (2013).rar

jueves, 15 de agosto de 2013

Concerto Express na Festa da Carixa

Onte fomos a Festa da Carixa  en Merza:


 Seguridade ante todo Milo


Concentrados antes do concerto 

                              
   Listos para a proxima parada no CasteloSon (Culleredo)


E aqui un documento histronico o noso Kike guitarra medolica bailando o ritmo do duo que foi antes nosa



martes, 23 de julio de 2013

E veña mais datas....

Seguimos sen caer da burra e si ou si imos levar o Arrock con Chicharos por Gacilia enteira ....

11 de Agosto seica hai festas en Bertamirans......... pois ahi imos estar no Bobber

que o 23 de Agosto en Culleredo celebrase un dos dous unicos concertos de Heredeiros da Crus deste veran ...pois ahi tamen imos estar xunto cos Padriños Zenzae e mais Skarallaos

e mentres tanto seguimos preparando a pitoxira de Outono........

martes, 2 de julio de 2013

Imos a por eles.....

Seguimos presentando a arrockzada sonica, que é o novo disco Arrock con Chicharos

Proxima parada

Caldas na inauguracion do Pub ROCINANTE  o dia 12 de Xullo  e o dia 13 estaremos en Silleda  nun Festi-Rock, e veñen mais ......................



Ademais subeu o compos  ......................



sábado, 8 de junio de 2013

Os pelos mais grandes .........


Foto de familia do concerto de presentación do Arrock con chicharos

proxima parada .... Melide xunto con Ruxe Ruxe

mais FOTAZAS de Pixelin  en http://www.pixelinphoto.com/pito-de-pikasso-arrock-con-chicharos/

viernes, 31 de mayo de 2013

que viene que viene......



....7 Dias para a presentacion do Arrock con chicharos  na sala Capitol, lembrade que mercando a entrada anticipada teredes desconto na merena o dia do concerto no J de Joker 

as entradas podense mercar en:
J de Joker (Rua Nova de Abaixo)
Reixa Tenda ( Mazarelos)
Miranda, cultura para levar (Tras Salome, 1 entre o teatro principal e o pub a Reixa)
Disco Precio (Santiago de Chile)

vemonos na CAPITOOOOL       

jueves, 9 de mayo de 2013

Cartel da presentacion do disco


Xa solo quedan 5 dias para que poidades escoitar o disco, idevos preparando .............. o que avisa non e traidor

viernes, 3 de mayo de 2013

Novo Videoclip .. Toliños de Amor..


Cun pouco de retraso, pero aqui queda posto o novo Videoclip, o resultado de outra colaboracion entre Pito de Pikasso e PixelinCunha

Direccion, edicion e montaxe: PixelinPhoto e Su Rodal

Toliña: Shaila Rey
Toliño: Mauro Longarela
Celador: Manuel "The King" Seijas
Enfermeira: Su Rodal
Mini enfermeira: Area 

Argallado por: Pito de Pikasso e PixelinPhoto

miércoles, 10 de abril de 2013

Novo adianto de Arrock con Chicharos.... (e van 2)



E aqui temos o segundo adianto do novo disco que xa esta no forno dando as ultimas voltas para que o poidades palear ven a gusto, xa non queda nada para desfrutar desta receita.....


Saudos

lunes, 8 de abril de 2013

Imos por Barco.... (comezamos a pechar os primeiros concertos)



 despois de dous anos voltamos polo Barco de Valdeorras, e casualidades do destino sera o sitio onde debutaremos no Arrock con Chicharos Tour (2013) 

 Anotade o dia, 17 de maio todos listo pra degustar e bailar en directo a nosa nova receita "Arrock con Chicharos"

En breve anunciaremos a data da presentacion en Compostela..... que vai ser unha boa festa.

Saudos e Pun-ró

Pikasso dixolle o seu pito: Levantate e canta.....

jueves, 4 de abril de 2013

Toliños de amor......

Fai uns dias estivemos  grabando o videoclip do tema "Toliños de Amor", unha das doce pezas que forman o novo disco Arrock con Chicharos

Como o video de Boura (2012) prestounos tanto seguimos apostando sobre seguro para este novo videoclip e volvemos traballar con Pixelin Photo. Agardamos que quede igual de caralludo.

Aqui tedes unha mostra

  
Saudos e Pun-Ró

jueves, 28 de marzo de 2013

Arrancamos...


..comezan as nosas andainas na rede, dende aquí informaremos da actualidade do grupo, as datas dos concertos e demais charadas que se nos vaian ocurrindo sobre a marcha.

  Xa vai collendo forma o novo disco, todo grabado e comezan as misturas, polo que xa podemos presentar un pequeno adianto o primeiro dos varios que iran chegando nas proximas datas...


Mais vale tarde que nunca permanezan atentos....  chega o "Arrock con Chicharos"  

estamos de voltaaaaaa